# desenvolvedor full-stack en python
# administrador de sistemas GNU/Linux
Enxeñeiro de software na Coruña
Se estás a comezar un novo negocio, unha tenda online tornará o teu inicio moito máis fácil. Creamos sitios con foco en estratexias SEO e tráfico orgánico, garantindo os teus produtos teren grande visibilidade.
Extracción masiva de datos a pedido, procedentes de webs, apps e mapas, sempre dentro dos marcos legais permitidos. Tamén procesamos e analizamos a información dacordo coas necesidades do cliente.
Presenta os teus traballos cartográficos e datos xeorreferenciados na web e nas aplicacións. Organiza as túas visualizacións e fornece análises estruturadas de datos con slides de presentación agradábeis.
Deseño e programación de aplicacións específicas para móbil e tablets. Deseño de APIs. Comunicación cifrada con bases de datos, telemetría e observabilidade na palma da man.
Mellore o rendemento da súa actividade produtiva coa dixitalización e a análise de datos. Dimensionamos e implementamos redes de sensores distribuidos con gestión remota.
Implementamos servidores dedicados con monitorización diaria e máquinas virtuais emulando calquera sistema e tecnoloxía (Arm, RISC-V...), con todo o potencial do hardware, a través de virtualización baseada en kernel e PCI passthrough dos recursos disponíbeis.
Sitio web de inscrición para as visitas guiadas ao porto da Coruña
Sitio web de inscrición para as visitas guiadas con motivo dos 120 anos da empresa
Web audiovisual sobre a orixe e a importancia do Cemiterio Civil da Coruña
Sitio web de difusión cultural e artística galega
Son enxeñeiro e programador web full-stack, tendo iniciado como profesional en 2009. A miña carreira inclúe linguaxes como PHP, C, Python e Java, coas que realicei o meu proxecto fin de grao.
Comecei a dar os primeiros pasos na programación aos oito anos e logo a seguir na electrónica, construíndo circuitos e armando e desarmando aparellos tecnolóxicos. Despois da miña experiencia universitaria e a través de relacións con colectivos de software libre, torneime un profesional GNU/Linux na área de SysAdmin. Hai máis dunha década que administro servidores dedicados e VPS.
Alén da formación en tecnoloxía, estudei o Grao Profesional de Acordeón e fixen diversos cursos en audiovisual con destacados cineastas como Jose Luis Guerín e Mariano Barroso. Ademais, colaborei en diversos proxectos con un profesor do ICAIC cubano. Desde 2016 son o responsábel pola academia tecnolóxica m8factorial, onde máis de 250 persoas cursaron estudos de programación, electrónica e deseño 3D.